
Nun primeiro momento pensei cando observei a portada que se trataba do típico libro xuvenil no que se falaba dos temas que importan hoxe en día á mocidade como as inseguridades personais, as novas tecnoloxías, os primeiros amores, a aceptación social .... Sen embargo, deseguida decateime de que non era así. "Futuro Imperfecto" é un libro de memorias, de lembranzas, ademais dun libro íntimo e persoal. Nel, relátasenos a vida da propia autora Xulia e do seu amor, mozo e marido Nico. Fálasenos dunha época anterior, da década que vai entre os anos 1980 e comenzos dos anos 1990. Un periodo de descubrimento por parte destes dous mozos. Un tempo donde moitos xóvenes querían olvidar tempos grises e bretemosos, e como consecuencia diso, lanzáronse como cabalos salvaxes a trotar por uns vales aparentemente seguros, pero cheos de minas letais debaixo da agarimosa herba: as drogas. Pensaban que todo valía e empezaron a introducirse nun mundo que marcaría as súas existencias de por vida. Os fíos conductores da novela son dous: a súa relación con Nico e o inferno das drogas e as súas consecuencias. Pero, a pesar dos sufrimentos que os dous tiveron que pasar na vida, Xulia mais Nico, tamén atoparon xente que os axudaron a saír da oscuridade, e incluso atoparon esperanza.
Esta novela está maravillosamente escrita, e a pesar da dureza do relato, tras as verbas da autora, sempre existe unha calidez, un agarimo que nos invita a continuar lendoa a pesar da crudeza, da tristura da súa narración.
"Futuro Imperfecto" é a obra dunha muller valente e moi xenerosa que non dúbida regalar unha parte da si mesma para que sirva de exemplo de que todos nós somos donos da nosa existencia para ben ou para mal.
E sen ser o seu primeiro obxectivo, quere servir de modelo, aos xóvenes de hoxe en día como un testemuño de que hai que estar alerta ante todos eses carteis luminosos que parecen moi fermosos, pero si os fitamos de cerca poden cegarnos e incluso acabar con nós.
"Futuro Imperfecto" de Xulia Alonso Díaz. Editorial Galaxia.