viernes, 11 de noviembre de 2011

Microrrelato: "Un novo día..."


De sócato oíuse un forte golpe na escaleira. “Debe ser o rapaz do cuarto”- pensou Rosa. “O Adrián acaba de chegar de troula”. Eran as oito da mañá cando mirou o reloxo e decatouse que tiña que sacar o pequeno can.¡Ai, Negrito!. Rosa púxose a pensar o ben que lle facía Negrito. ¡Se non fóra por él!.¡Quen sabe!. O canciño xa a esperaba na porta,  tolo de ledicia mentras ela collía  o abrigo e as chaves para saír a rúa.
Baixaron as escaleiras, outra vez, xa que o ascensor estaba derramado. Abriu a porta e o frío bateulle na cara pero no lle importaba, porque sentíao como unha caricia agarimosa e suave. O canciño ía diante dela e custáballe seguir o seu paso aínda que lle daba enerxía e facíaa olvidar de aquilo que era case como un pensamento único: Onde estaría a Uxía?. Sabía que fóra dura con ela pero non lle quedara máis remedio. Ademais de avoa, era nai e pai, aínda que ela non o pedira...pero non quería  perdela, e ¡Cousas da vida!, estábase a repetir  a mesma historia. . O tren das e vinte pasaba diante dela, e gustáballe pensar que ela era unha de eses pasaxeiros que tiñan un lugar propio onde ir e que alguén a esperaba. Sen embargo, era ela que tiña sempre que estar esperando. A súa vida foi e é un longo esperar: por un marido xa acariciado noutros brazos, por unha filla que a despreciaba, e agora por unha neta que tamén se afastaba dela, namentres seguía a esperar. Dirixiuse o pequeno parque para se sentar nun banco, mentres Negrito estaba a xogar cunha bolboreta e unha sirena sonaba ao lonxe.

No hay comentarios:

Publicar un comentario