jueves, 17 de noviembre de 2011

Futuro Imperfecto

Moitos de vós sabedes que son profesora, e esta faceta é un medio de coñecer as novas novidades no mundo editorial, sobre todo no mundo editorial do libro xuvenil e infantil. Non só da literatura en lingua castelá senon tamén podo coñecer  os libros das distintas editoriais en lingua galega. Ás veces afágome con listas de esos libros de lectura ao comenzo do curso, e a min encántame poder descubrir novas novelas, ou relatos que me ofrezan novas historias, personaxes e situacións. Así, desta maneira atopei a novela "Futuro Imperfecto"  da ourensá da Rúa,  Xulia Alonso Díaz.
Nun primeiro momento pensei cando observei a portada que se trataba do típico libro xuvenil no que se falaba dos temas que importan hoxe en día á  mocidade como as inseguridades personais, as novas tecnoloxías, os primeiros amores, a aceptación social .... Sen embargo, deseguida decateime de que non era así. "Futuro Imperfecto" é un libro de memorias, de lembranzas,  ademais dun libro íntimo e persoal. Nel, relátasenos a vida da propia autora Xulia e do seu amor, mozo e marido Nico. Fálasenos dunha época anterior,  da década que vai entre os anos 1980 e comenzos dos anos 1990. Un periodo de descubrimento por parte destes dous mozos. Un tempo donde moitos xóvenes querían olvidar tempos grises e bretemosos, e como consecuencia diso, lanzáronse como cabalos salvaxes a trotar por uns vales aparentemente seguros, pero cheos de minas letais debaixo da agarimosa herba: as drogas. Pensaban que todo valía e empezaron a introducirse nun mundo que marcaría as súas existencias de por vida. Os fíos conductores da novela son dous:  a súa relación con Nico e o inferno das drogas e as súas consecuencias. Pero, a pesar dos sufrimentos que os dous tiveron que pasar na vida, Xulia mais Nico, tamén atoparon xente que os axudaron   a saír da oscuridade, e incluso atoparon  esperanza.
Esta novela está maravillosamente escrita, e  a pesar da dureza do relato, tras as verbas da autora, sempre existe unha calidez, un agarimo que nos invita a continuar lendoa a pesar da crudeza, da tristura da súa narración.
"Futuro Imperfecto" é a obra dunha muller valente e moi xenerosa que non dúbida regalar  unha parte da si mesma  para que sirva de exemplo de que todos nós somos donos da nosa existencia para ben ou para mal.
E sen ser o seu primeiro obxectivo, quere servir de modelo,  aos xóvenes de hoxe en día como un testemuño de que hai que estar alerta ante todos eses carteis luminosos que parecen moi fermosos, pero si os fitamos  de cerca poden cegarnos e incluso acabar con nós.

"Futuro Imperfecto" de Xulia Alonso Díaz. Editorial Galaxia.

3 comentarios:

  1. he entendodo casi todo y eso que soy de Asturias jajaj
    http://estilocon2s.blogpot.com/

    ResponderEliminar
  2. Estoy bastante de acuerdo con Vanessa, he entendido casi todo, y lo que no,,,,, me lo imagino o invento -que es mucho más entretenido,no?-, y eso que soy de los MADRILES, ja, ja!!!
    Qué bonito suena el galego en mi mente, aunque no tenga mucha idea de pronunciarlo, lógicamente.
    Besotes

    ResponderEliminar
  3. Hermosa obra de Xulia Alonso, fenomenalmente contada su vida en Santiago, Nico, droga, SIDA, familia, movimiento hippie.Sin dramatismo, hace una reconstrucción del pasado para llevarnos al presente , esperanza, aptitudes ante la vida.

    sara

    ResponderEliminar